A cor do ceo

A cor do ceo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024133
ISBN:
978-84-8302-413-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Descuento:

-5%

Antes:

20,60 €

Despues:

19,57 €
IVA incluido

A cor do ceo (un libro e un CD audio) Braxe ofrece unha das creacións máis insólitas do panorama literario galego.Un libro de relatos, de aventuras cuspidas por unha melancolía activa e vitalista. Relatos que  son unha travesía polas calores do Trópico, polo mar onde se encontran as almas, pola sinfonía dun novo mundo, para rematar en "Galicia, mon amour". No CD recóllese a dramatización dalgúns dos relatos, a cargo dun longo plantel de actores galegos. Os textos de Braxe nas voces de Tuto Vázquez, Rosa Alvarez, Miguel Pernas, Antonio F. Simón, Xavier Estévez, Flor Maceiras, Laura Sarasola, Gonzalo M. Uriarte, María Bouzas, Manuel Rivas, Víctor Lorenzo e Nazah e Sanaila Braxe.Para Manuel Rivas, autor do prólogo do libro "¡Isto é literatura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende  a vidiña. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creación insólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. O caderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén. Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do pobo que elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición. Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltar as amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, do conformismo e do peirao das trapalladas prescindibles. Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman a forma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así son os relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz e inesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seu momento."

Otros libros del autor en Libreria Don Quijote - Navia

Xerais en Libreria Don Quijote - Navia

  • Idol! -5%
    Titulo del libro
    Idol!
    Chan, Alba
    Xerais
    Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en  «Idol!», un «talent show» onde un...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • O cabalo -5%
    Titulo del libro
    O cabalo
    Janer Manila, Gabriel
    Xerais
    Cada vez que o pai de Miguel volve de viaxe, regálalle un cabalo. Un día tráelle un cabalo moi especial.&nbs...
    No disponible

    6,80 €6,46 €

  • Pequena mitoloxía de Galicia -5%
    Titulo del libro
    Pequena mitoloxía de Galicia
    Reigosa, Antonio
    Xerais
    As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,95 €15,15 €

  • O MERLO DE FERRO -5%
    Titulo del libro
    O MERLO DE FERRO
    CORTIZAS, ANTóN
    Xerais
    A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferra...
    No disponible

    11,20 €10,64 €

  • Xogando cos Sons. Método completo -5%
    Titulo del libro
    Xogando cos Sons. Método completo
    López Viso, Marta;Rodríguez Pérez, Ruth;Yáñez Calviño, María
    Xerais
    Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcion...
    No disponible

    48,95 €46,50 €