A tribo sabe

A tribo sabe. Os vello oficios. II

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024034
ISBN:
978-84-8302-403-4
Páginas:
176
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

14,00 €

Despues:

13,30 €
IVA incluido

A tribo sabe é a segunda entrega dunha triloxía de ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou en Os vellos oficios (Xerais, 1996). En A tribo sabe Vázquez Pintor achégase á vida vida e bo facer dos fogueteiros fogueteiros, campaneiros, cabaqueiros, polbeiros, ferreiros, afiadores, zoqueiros, tratantes e albaneis, reconstruída dende a memoria viva dos nosos artesáns tradicionais.Recúpérase a memoria dos fogueteiros de Oza dos Ríos, da man do testemuño de Santiago Rocha Sanmartín, con cincuenta anos de oficio na pirotecnia. Dáselle voz ás tres xeracións de campaneiros de Arcos da Condesa que amosan o seu oficio desque inician a fabricación das súas campás nos seus moldes ata que funden no seu forno con leña de piñeiro ou de amieiro. Reconstrúense os traballos dos cabaqueiros do Salnés, na voz de Manuel Rodríguez Martínez e de Ramón Lourenzo do Salnés. Dáse conta dos labores da forxa e das vellas ferrerías, recollendo as testemuñas de Manuel de Viñavella, na súa forxa de Espasande de Abaixo en Riotorto, e das ferreirías de San Pedro de Bogo  na Pontenova. Apréndesenos a zoquear das mans da tradicións conservadas na Terra Cha polo zoqueiro Norberto Piñeiro Pernas ou do oficio recuperado nas terras da Merza por unha nova xeración de artesáns. No libro non quedan fóra da recuperación destes labores da tribo, a vida ambulante dos afiadores ourensáns, a gastronomía sabia dos polbeiros, o rico universo das nosas feiras e os códigos creados polos albaneis de Bueu, as lafras, reconstruídos a partir dos testemuñas froito de horas de longa conversa do autor con cada un destes artesáns.A tribo sabe recolle nun importante apartado fotográfico, documentos deste labor tradicional que aínda pervive, así  como un completo glosario de cada un dos léxicos especializados, onde  non faltan os verbos especializados dos cabaqueiros, a jalleira, nin unha ampla escolma do barallete dos afiadores. Un libro, pois, que recupera a memoria viva dos nosos vellos oficios tradicionais.

Otros libros del autor en Libreria Don Quijote - Navia

Xerais en Libreria Don Quijote - Navia

  • Crónica Córnica -5%
    Titulo del libro
    Crónica Córnica
    Coimbra, Francisco
    Xerais
    Inexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña, esperta unha fría mañá de xoves ou de ve...
    No disponible

    20,50 €19,48 €

  • O QUE SEI DO SILENCIO -5%
    Titulo del libro
    O QUE SEI DO SILENCIO
    Nº 177
    Maceiras, Andrea
    Xerais
    «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou n...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Restra de letras -5%
    Titulo del libro
    Restra de letras
    Díaz Núñez, Celia
    Xerais
    Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Está enfocado a mellorar a competencia lingÃ...
    No disponible

    14,75 €14,01 €

  • A noite d ' O Risón -5%
    Titulo del libro
    A noite d ' O Risón
    Moure, Gonzalo
    Xerais
    Hai corenta anos, nun bar de pescadores dunha vila da costa do Cantábrico, nunha noite de treboada, coma non s...
    No disponible

    15,25 €14,49 €

  • Claro e seguido 2. Expresión oral -5%
    Titulo del libro
    Claro e seguido 2. Expresión oral
    Muñoz Saá, Begoña;Sarmiento Macías, María Xesús;Alonso Pintos, Serafín
    Xerais
    "Claro e seguido" é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €