Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

29,00 €

Despues:

27,55 €
IVA incluido

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais en Libreria Don Quijote - Navia

  • GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES -5%
    Titulo del libro
    GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    CALLóN, CARLOS
    Xerais
    «Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país  ou se, polo contrario, imos ser a x...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €19,48 €

  • Os Suicidantes -5%
    Titulo del libro
    Os Suicidantes
    Ameixeiras, Diego
    Xerais
    Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados car...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €18,95 €

  • LINGUA GALEGA 6ºPRIMARIA. TECELINGUA. GALICIA 2023 -5%
    Titulo del libro
    LINGUA GALEGA 6ºPRIMARIA. TECELINGUA. GALICIA 2023
     
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    40,64 €38,61 €

  • O Día dos Vivos. Os Minimortos -5%
    Titulo del libro
    O Día dos Vivos. Os Minimortos
    Nº 4
    Costas, Ledicia
    Xerais
    A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e co...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Relatos fantásticos -5%
    Titulo del libro
    Relatos fantásticos
    Lovecraft, H. P.
    Xerais
    Relatos fantásticos reune seis relatos de Lovecraft que, a través dunha atmósfera moi especial, penetran na ...
    No disponible

    10,70 €10,17 €