Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita

Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497825382
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9782-538-2
Páginas:
296
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

21,95 €

Despues:

20,85 €
IVA incluido

Pertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas  de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura  galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas  novas tendencias. "Vida e Literatura", "Poesía", "Narrativa" e "Traducion" son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha "Cronoloxía" e  "Bibliografía", ademais dun apartado "Fotobiográfico" completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento  dun dos máis recentes membros da Academia Galega.

Materia en Libreria Don Quijote - Navia

Xerais en Libreria Don Quijote - Navia