O Estatuto de Galicia

O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029756
ISBN:
978-84-8302-975-6
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Descuento:

-5%

Antes:

33,25 €

Despues:

31,59 €
IVA incluido

"O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais" é unha obra que pon ó día a praxe autonómica galega. Parte da teoría estatutaria de 1981 e analiza polo miúdo a interpretación que o Tribunal Constitucional dá na súa xurisprudencia dos ámbitos de actuación dos poderes públicos galegos. O autor, Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado do Parlamento de Galicia, presenta, seguindo a sistemática do texto do "Estatuto de Galicia", un percorrido detallado de toda a normativa (legal e regulamentaria) que o desenvolve, e achega unha escolma bibliográfica de grande utilidade.  Trátase dun libro que proporciona unha información exhaustiva sintetizada dun xeito sistemático que procura facilita-la comprensión e aplicación do ordenamento xurídico de Galicia e a conflictividade entre o Estado e a Xunta de Galicia dende 1981 a 2003, presentando pois evidente interese para os que se aproximen á experiencia autonómica galega, tanto dende unha perspectiva estrictamente xurídica  como dende a análise politolóxica.Este tratado pon sobre a mesa problemas de grande actualidade como o do rendemento institucional dos  poderes públicos autonómicos, necesidade de reforma do texto estatutario versus novas fórmulas federais ou confederais, os límites da autonomía galega ou o papel do Tribunal Constitucional como supremo  intérprete da Constitución e, en xeral, do que denomina "bloque de constitucionalidade". O libro vai precedido dunha presentación de Aurelio Miras Portugal, actual Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, que sinala "a calidade e densidade dunha magnífica obra xurídica, que agocha todo un contido humano".

Otros libros del autor en Libreria Don Quijote - Navia

Xerais en Libreria Don Quijote - Navia

  • Cidades -5%
    Titulo del libro
    Cidades
    Alonso, Fran
    Xerais
    Merecedor do accésit do Premio Lazarillo de Literatura infantil 1996 que convoca o Ministerio de Cultura e no ...
    No disponible

    7,65 €7,27 €

  • Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán -5%
    Titulo del libro
    Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán
    Pena, Xosé Ramón
    Xerais
    As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido na...
    No disponible

    21,95 €20,85 €

  • Sarmiento. Vida e obra -5%
    Titulo del libro
    Sarmiento. Vida e obra
    Costa Rico, Antón
    Xerais
    Frei Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 - Madrid, 1772), monxe bieito, é unha das figuras máis sob...
    No disponible

    9,55 €9,07 €

  • Alma de elefante -5%
    Titulo del libro
    Alma de elefante
    Maceiras, Andrea
    Xerais
    Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy pa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

  • A FURGONETA BRANCA -5%
    Titulo del libro
    A FURGONETA BRANCA
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Cada mañá a mesma cantilena. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €16,10 €